Quen somos

O Sitio da Auga forma parte dos contidos desenvolvidos dentro do proxecto Aquaturnat, iniciativa cofinanciada pola Unión Europea dentro do programa Poctep, destinados a proxectos de colaboración transfronteiriza. A Fundación Mondariz Balneario participa neste proxecto global en colaboración con Augas de Galicia (España) e coa Cámara Municipal de Viana do Castelo (Portugal).
A Fundación Mondariz Balneario contou, para o desenvolvemento dos contidos deste proxecto, con Ramón Núñez Centella como presidente, cun comité de expertos de diferentes disciplinas relacionadas coa auga e con Microgal.

     


FUNDACIÓN MONDARIZ BALNEARIO

  A Fundación Mondariz Balneario é unha organización sen ánimo de lucro constituída o 8 de abril de 1997. A entidade está recoñecida como organización de interese cultural pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e, polo tanto, está inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego (Diario Oficial de Galicia, 20 de xuño de 1997).

RAMÓN NÚÑEZ CENTELLA


Divulgador científico. Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Master of Arts en Ensinanza das Ciencias por New York University.

Dende 2008, é director do Muncet (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España).


COMITÉ DE EXPERTOS

Presidido por Ramón Núñez Centella e composto por profesionais destacados en diferentes especialidades:


Amor Barreiro, Benigno
Xerente da Asociación de Balnearios de Galicia / Balnegal

Aréchaga Rodríguez, Francisco
Presidente da Cámara Mineira de Galicia

Barciela Durán, Patricia
Directora da Domus-Casa do Home / Museos Científicos Coruñeses

Criado Boado, Felipe
Director do Instituto de Ciencias do Patrimonio / CSIC

Delibes de Castro, Miguel.
">Departamento de Bioloxía da Conservación / CSIC. Presidente da Sociedade Española para a Conservación e o Estudo de Mamíferos

Duarte Vázquez, Jorge
Presidente-Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia / COAG

Fernández López, José Ramón
Presidente da Asociación de Empresas Innovadoras do Termalismo de Galicia / Aeitegal 

Marín Muñoz, Francisco 
Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil







Nárdiz Ortiz, Carlos.
Presidente-Decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia

Puertas Agudo. D. Jerónimo. 
Catedrático de Ingeniería Hidráulica de la Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (Universidad de A Coruña).

Vidal Romaní. D. Juan Ramón. 
Catedrático de Geología (Universidad de Santiago). Director Instituto Universitario de Geología "Isidro Parga Pondal"

Rodríguez Míguez. D. Luís. 
Miembro de la Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. Cátedra de Hidrología. (Universidad de Santiago).

Pardo López. Dña. Carmen y Castro Domínguez. Dña Mª Nava, 
Secretaría Xeral de Turismo. Xunta de Galicia.

Walton. Mr. John K.
Director Journal of Tourism History, (Editorial Taylor & Francis Group). Catedrático de Historia (Universidad de Oxford).

MICROGAL


  É unha empresa con 30 anos de experiencia cuxa actividade é darlles servizos aos seus clientes no ámbito da informática e do deseño gráfico e web. Nesta ocasión, contou cun equipo de profesionais en diferentes áreas: ciencia, deseño, programación e ilustración.


TESOUROS DE GALICIA

 
Tesouros de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que promove a valorización do patrimonio dende un enfoque sostible, como recurso básico da diferenciación e da imaxe de Galicia.

Tesouros de Galicia apoia e promove a difusión dos contidos do Sitio da Auga.



_______________________________________________________________________________

A presentación pública de www.elsitiodelagua.com tivo lugar en 2013, o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga

Neste acto, contouse coa participación de don J. Antonio Rodríguez-Villasante (ICOMOS) e dona Nuria Sanz (UNESCO). 



ICOMOS É unha organización non gobernamental que traballa para a conservación dos monumentos e dos sitios no mundo.


Logotipo de la UNESCO

UNESCO é a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. A Fundación Mondariz Balneario compartiu de forma desinteresada os contidos de www.elsitiodelagua.com coa Fundation for Unesco dentro do seu programa "For the Education of Children in Need". O programa ten un enfoque no ámbito informativo-educativo, e unha das prioridades é o coidado e uso sostible dos recursos.  (880 Kb)


______________________________________________________________________________


 Acordo  de COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A FUNDACIÓN MODARIZ BALNEARIO PARA DIVULGAR OS RECURSOS DO PORTAL “O SITIO DA AUGA” ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA GALEGA polo que a Consellería difundirá entre a comunidade educativa os recursos ofrecidos polo portal mediante as súas canles dixitais