AVISO LEGAL

AVISO LEGAL

INFORMACIÓN EN CUMPRIMENTO DA LEI 34/2002, DO 11 DE XULLO

De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informámolo de que o titular do sitio web é a Fundación Mondariz Balneario, con quen pode contactar no seguinte enderezo:

Fundación Mondariz Balneario
Avda. Enrique Peinador, s/n 
36890 Mondariz Balneario 
Teléfono: 986 656 156 
Fax: 986 656 186

info@fundacionmondarizbalneario.org

Política de PROTECCIÓN DE DATOS

Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a Fundación Mondariz Balneario comunícalle que:

1. Con relación aos datos persoais que se poidan achegar a través das funcionalidades do sitio web elsitiodelagua.com, informámolo de que tales datos serán tratados única e exclusivamente para a correcta xestión dos servizos dispostos a través destes, por parte dos responsables de contidos da web da Fundación Mondariz Balneario. A Fundación Mondariz Balneario poderá tratar os datos para realizar comunicacións, por diferentes medios, mesmo electrónicos, acerca das súas actividades e servizos.

2. Para o envío de newsletters e comunicacións análogas, a Fundación Mondariz Balneario utiliza tanto os datos obtidos a través do sitio web coma outras bases de datos propias que teñen entre as súas finalidades a de realizar tales envíos, sempre consonte os requirimentos da citada lei orgánica.

3. Cando os datos persoais se obteñan a través do formulario, será necesario achegar, polo menos, aqueles marcados cun asterisco e, de non ser o caso, a Fundación Mondariz Balneario non poderá aceptar nin xestionar o cumprimento da relación establecida.

Para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos, deberase remitir un escrito identificado coa referencia “Protección de datos” a: Fundación Mondariz Balneario

Avda. Enrique Peinador, s/n

36890 Mondariz Balneario

4. No momento en que se acheguen datos, poderase manifestar o desexo de NON recibir comunicacións comerciais electrónicas por parte da Fundación Mondariz Balneario. Se non se desexa recibir comunicacións comerciais electrónicas no futuro por parte da Fundación Mondariz Balneario, poderase manifestar tal desexo a través do enderezo postal xa indicado.