Colabora

Axúdanos a facer esta web máis interesante e achega o teu humor, as túas lembranzas, a túa imaxinación, as túas ideas… A única condición é que o tema sexa a auga e, se son imaxes, que sexan túas ou libres de dereitos.
Podes colaborar nas seccións:

- Música e cine: enviándonos o enlace ao vídeo ou á música que poidamos inserir na nosa páxina (Youtube ou Vimeo).

- Galerías de imaxes: creamos varias galerías como "animais que gozan da auga", "fontes de auga", "gotas de auga", "pinturas relacionadas coa auga", "esculturas", "fontes urbanas"... e poderiamos ter outras galerías como "ríos", "océanos", "lagos", "fotos de agua"…

- Literatura: envíanos un fragmento dun poema ou de prosa que fale sobre a auga.

- Humor, somos conscientes de que hai chistes mellores...

- Mensaxes nunha botella: ademais de experimentos científicos, haberá centos de historias románticas nesas botellas, coñeces algunha?



Coa túa colaboración, faremos máis rico este sitio web, este sitiodelagua.com. Envíanos a túa achega e, logo de clasificala, incorporarémola en canto sexa posible.

Indícanos no asunto a palabra “Colaboración” e a sección á que pertence. Por exemplo: "Colaboración, cine".


colaboracion@elsitiodelagua.com

Moitas grazas por visitarnos.