Central Térmica
Unha central térmica transforma enerxía calorífica dun combustible (carbón, fuel, gas) en enerxía eléctrica. Tamén poden considerarse centrais térmicas aquelas que funcionan con enerxía nuclear.
atrás
caldeira
queimador
Na caldeira quéntase auga líquida por medio da combustión do combustible (carbón, fuel, gas).
turbina
A auga líquida transfórmase en vapor. Pasa por un sistema de condución e libérase nunha turbina, o que provoca o seu movemento a gran velocidade.
vapor
xerador
A turbina está adaptada solidariamente a un xerador, o que produce a enerxía eléctrica.
O vapor que sae das turbinas arrefriámolo para volver convertelo en auga e mediante unha bomba para poder repetir o ciclo. Para este proceso é necesaria unha torre de refrixeración, que baixa a temperatura evaporando auga.
torre de refrixeración