Utilidade pública das augas mineiromedicinais 
Peloide termal
Perímetro de protección
Augas mineiromedicinais 
Cura balnearia ou cura termal
Cura hidropínica
Termalismo
Balneario
Inhalación e aerosol
Spa
Balneoterapia
Hidroloxía médica
Hidroterapia
Crenoterapia
Talasoterapia
Utilidade pública das augas  mineiromedicinais  
Perímetro de protección: son zonas arredor do manancial estritamente definidas conforme a estudos hidroxeolóxicos que restrinxen ou prohiben calquera actividade agrícola, gandeira ou industrial susceptible de modificar a calidade das augas subterráneas. Comprende catro zonas concéntricas coñecidas como zona 0 de protección sanitaria, zona 1 de protección microbiolóxica, zona 2 de dilución e control e zona 3. Estas zonas poden estenderse dende as propias instalacións do manancial ou do pozo ata decenas de quilómetros cadrados.
Cura balnearia ou cura termal: é o conxunto de factores terapéuticos que actúan sobre o individuo de forma integrada nun balneario. A duración máis recomendable para calquera cura termal é dunhas tres semanas.
Augas mineiromedicinais
Aguas mineiromedicinais
Balneoterapia: é a utilización terapéutica de baños medicinais.
Spa: é a sigla de Salutem per aqua (“saúde pola auga”) e refírese a aqueles establecementos que recrean e aplican técnicas similares ás dos balnearios, pero usan auga potable e non mineiromedicinal, polo que non poden chamarse balnearios. Así pois, a diferenza dos balnearios, carecen de función sanitaria.
Talasoterapia: neoloxismo proposto polo doutor La Bonnardiere en 1867, formado polos vocábulos gregos thalassos (“mar”) e therapeia (“curación”), que consiste na utilización con fins terapéuticos da auga de mar xunto ao clima marítimo.
Utilidade pública das augas mineiromedicinais: é o recoñecemento por parte do Estado da salubridade dun manancial e das propiedades terapéuticas das augas. As augas mineiromedicinais declaradas de utilidade pública están sometidas a estritos e periódicos controis físicoquímicos, bacteriolóxicos e hidroxeolóxicos.
Hidroterapia: é o conxunto de técnicas hixiénicas, cosméticas ou lúdicas que utilizan a auga corrente ou, en todo caso, mesturada con certos aditivos, nos establecementos non sanitarios, coma os spas ou mesmo as vivendas particulares. A diferenza da balneoterapia ou da talasoterapia, a hidroterapia usa augas de composición química sen indicacións sanitarias recoñecidas pola OMS.
Utilidade pública das augas mineroimedicinais 
Crenoterapia: do grego krenos (“fonte”, “manancial”), é a aplicación terapéutica de augas mineiromedicinais.
Utilidade pública das augas mineiromedicinais
Balneario: centro sanitario onde se aplican baños medicinais.
Peloide termal: é a denominación científica dos chamados vulgarmente lodos, lamas ou barros termais que se forman pola mestura dunha auga mineiromedicinal cun produto sólido natural tras un proceso preparatorio e a súa aplicación en establecementos balnearios. Existen diferentes tipos de peloides termais (lodos ou lamas, turbas, biogleas e sapropelis), pero os máis utilizados son os lodos ou lamas.
Termalismo: neoloxismo procedente do grego thermos (“quente”) que apareceu por primeira vez nun dicionario médico a finais do século XIX para designar “a calidade dunha auga que presenta de forma espontánea un determinado grao de calor máis ou menos pronunciado”. Hoxe utilízase termalismo como un sinónimo de balneoterapia para referirse aos tratamentos realizados coas cálidas augas que xorden naturalmente da terra e que teñen unha determinada composición mineral. Ademais das indicacións clásicas, o termalismo configúrase na actualidade como unha alternativa especialmente eficaz no tratamento da patoloxía da civilización moderna: o estrés e o esgotamento psíquico e físico.
Hidroloxía médica: especialidade da medicina que ten como fin o estudo das augas mineiromedicinais, minerais naturais, mariñas e potables ordinarias e, en particular, das súas accións sobre o organismo humano en estado de saúde e de enfermidade. En España, a hidroloxía  médica é unha especialidade médica de carácter oficial e de ámbito non hospitalario dende 1955.
Utilidade pública das aguas mineiromedicinais 
Cura hidropínica: é a inxestión oral de auga mineiromedicinal en doses e pautas determinadas polo médico con efectos terapéuticos.
Inhalación e aerosol: son técnicas que pretenden facer chegar os efectos beneficiosos das augas á árbore respiratoria de forma xeral e ás vías respiratorias altas –inhalación– e baixas –aerosol–, mediante a respiración de vapor e de auga termal, para o tratamento de afeccións respiratorias. Estes tratamentos son moi eficaces na deshabituación tabáquica e no tratamento dos procesos alérxicos e asmáticos dos nenos.
Augas mineiromedicinais: son aquelas que, pola súa composición química, física e físicoquímica, teñen propiedades terapéuticas. A utilidade terapéutica dunha auga está avalada polo Estado mediante a súa utilidade pública e a súa declaración de auga mineiromedicinal. A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a auga mineiromedicinal como unha auga bacterioloxicamente incontaminada que, procedente dunha fonte subterránea natural ou perforada, contén unha determinada mineralización e pode inducir efectos favorables para a saúde, para o que debe estar recoñecido pola autoridade pertinente do país de orixe.