Proceso de potabilización da auga
A auga que consumimos nas zonas urbanas presenta unha calidade incerta debido á variabilidade da procedencia (ríos, mananciais, pozos), á influencia da actividade industrial ou á proximidade a poboacións e á descontinuidade do caudal natural en diferentes épocas do ano. Para poder ser consumida sen riscos necesítase un proceso complexo que converta a auga natural en potable.
Proceso de potabilización da auga
A auga do medio natural chega á planta dende diferentes puntos de captación.
Captación
Nesta zona, retíranse da auga os sólidos máis grandes mediante un grupo de reixas cun sistema automático de limpeza.
Desbaste
Tratamento químico
Nesta fase, engádeselle á auga un axente coagulante e un axente floculante que teñen como misión agrupar as pequenas partículas en suspensión que leva a auga, co fin de que o seu peso sexa máis grande e de que poidan sedimentar con máis facilidade.
A auga queda quieta e, deste xeito, as partículas sólidas formadas na etapa anterior poden sedimentar no fondo. Retíranse os lodos do fondo e a auga máis limpa sobe á superficie.
Decantador
A auga circula por un filtro de area para eliminar os restos que aínda queden. Nalgunhas plantas hai tamén un filtro de carbón activo que, ademais, elimina os olores e os sabores da auga.
Filtración
A auga pasa a un depósito onde se desinfecta mediante a adición de cloro. Este produto engádese en doses pequenas, pero suficientes como para poder eliminar todas as bacterias prexudiciais que poida levar a auga.
Desinfección
Almacenamento
En todas as poboacións adoitan existir un ou varios depósitos de auga axeitados ás súas necesidades que permiten unha subministración ininterrompida e que aseguran as reservas de auga.
Distribución e consumo
Dende os depósitos, a auga distribúese por medio dunha rede de condutos ás vivendas e ás industrias para o seu uso e consumo. A auga chega por gravidade ou ben é impulsada por bombas de auga que a envían cara á rede de transporte e, dende alí, ata todos os puntos de consumo.