Funcionamento dunha planta depuradora de augas
As augas residuais urbanas son xeradas pola actividade humana. Conteñen restos de necesidades fisiolóxicas (feces, urina), da preparación de alimentos (aceites, desperdicios) e de produtos de limpeza e hixiene (xabón, deterxentes etc). Dado o seu nivel contaminante, necesitan ser depuradas antes de seren devoltas á natureza.
A depuradora ten dúas liñas de acción
Depurar non é máis ca transformar a materia orgánica e outros contaminantes presentes na auga residual en sólidos sedimentables doados de separar (lodos). Por iso, en toda estación depuradora de augas residuais (EDAR) se pode diferenciar a liña de auga da de lodos.
É a parte da depuradora onde a auga residual se somete a unha serie de procesos físicos e biolóxicos para eliminar a contaminación que leva.
1. Liña de augas
Os lodos procedentes do tratamento primario e do tratamento secundario pasan de ser, nesta liña, dun subproduto inútil a un recurso valioso para o aproveitamento agrícola.
2. Liña de lodos
Desbaste
Nesta primeira fase, preténdense eliminar aqueles sólidos grosos (plásticos, trapos etc.). Isto conséguese mediante reixas e barutos de diferentes tamaños.
Por procesos mecánicos, sediméntanse as areas e retíranse os elementos flotantes ou as graxas.
Desareado e desengraxado
Separación por procesos físicos e químicos
Utilízanse para axudar á eliminación da materia suspendida. Consiste en engadir unha substancia química (un floculante) para facilitar que as partículas se xunten e se compacten. Estas partículas sediméntanse pola acción da gravidade. Retíranse e forman os lodos primarios.
Elimínase a carga contaminante restante por medios biolóxicos, xa que determinadas bacterias se alimentan da materia orgánica. Para iso necesitamos un depósito chamado reactor biolóxico.
Tratamento biolóxico
Polo seu peso, os sólidos formados no reactor deposítanse no fondo, e así sepáranse da auga. A auga xa limpa volve á natureza.
Decantador Secundario
Bombeos de lodos primarios e secundarios
Os lodos decantados nos tratamentos primario e secundario son incorporados á liña de lodos a través dos bombeos de lodos respectivos.
Espesador
O exceso dos lodos  decantados bombéanse cara a un espesador, onde se concentran e homoxenizan.
Dixestión de lodos
Os lodos espesados son bombeados a un dixestor onde, aproveitando a actividade biolóxica dos microorganismos, se reducirá a parte fermentable.
Consiste na separación da fracción sólida e líquida do lodo, de xeito que se consegue aumentar a concentración e diminúe o volume. Hai diversos sistemas para deshidratar os lodos, e os máis utilizados son as  centrífugas e os filtros banda.
Deshidratación
Unha vez deshidratados, os lodos pasan a un silo dende onde se envían ao seu destino definitivo: agricultura, xardinería, construción etc.
Silo