Falso
Que sabes dos ríos?
Verdadeiro
En realidade, chegáronse a contar algo máis de dez mil ríos en Galicia, así que... si é certo que hai mil. Estes son os ríos que aparecen reflectidos co seu nome na cartografía topográfica 1:25.000. Por suposto, a maior parte destes ríos son tributarios (afluentes) doutros aos que se unen para formar concas fluviais.
Un poeta chamoulle a Galicia o país dos mil ríos, pero acaso esaxerou? É verdadeiro ou falso que haxa mil ríos en Galicia?
A lonxitude dun río é un bo indicativo do seu caudal
O caudal dun río depende das precipitacións na súa conca, e para isto é moito máis indicativo o tamaño da conca que a lonxitude do río. O río Nilo ou o río Amarelo, que son o segundo e o quinto ríos máis longos do planeta respectivamente, teñen concas estreitas e percorren zonas nas que apenas reciben precipitacións, polo que os seus caudais sumados son trinta veces menores que o do río Amazonas. Dáse a circunstancia de que estes dous ríos son o berce de dúas das máis antigas civilizacións humanas.
Aínda que este é o comportamento normal da maior parte dos ríos da Península Ibérica que dependen do réxime de chuvias dunha zona morna, en zonas onde rexen climas monzónicos como a India, as precipitacións concéntranse nos meses de verán e desbordan os ríos. Pola súa banda, aínda en zonas mornas de montaña, os ríos de niveis aumentan o seu caudal na primavera e incluso no verán, cando ten lugar o desxeo, e o mesmo acontece nas rexións subpolares. Por último, algúns ríos efémeros das rexións áridas e desérticas teñen comportamentos erráticos non estacionais.
Os ríos aumentan o seu caudal no inverno e diminúeno no verán
Aínda que esta é unha verdade estatística, non é absoluta. Os ríos tenden a formar un perfil cóncavo dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, un perfil que non é outro que o perfil medio das terras emerxidas. Non obstante, na práctica totalidade dos ríos, este perfil característico vese modificado en moitas ocasións por diferenzas litolóxicas do terreo que atravesan ou por accidentes tectónicos. Un dos exemplos máis espectaculares destas rupturas de pendente encóntrase en Galicia, concretamente no río Xallas, que desemboca no mar formando unha serie de rápidos e fervenzas de máis de cen metros de altura.
Os ríos diminúen a súa pendente a medida que se achegan á súa desembocadura no mar
O río Amazonas non só é o río máis caudaloso do planeta, éo con enorme diferenza respecto do resto dos grandes ríos da terra e éo, en termos relativos, mesmo máis ca moitos ríos pequenos e caudalosos coma o Miño.
Con relación ao tamaño da súa conca, o río Miño é máis caudaloso ca o Amazonas
Os ríos de Galicia son ácidos
Como corresponde cunha xeoloxía silícea, as augas superficiais de Galicia presentan pH característicos menores de 7 –é dicir, ácidos–, o que é unha calidade apreciada, pois as augas básicas ou duras producen cotras nos canos e reducen a eficiencia dos xabóns e dos deterxentes.
A enchente dos ríos suavízase a medida que aumenta o tamaño da conca
A medida que o tamaño dunha conca fluvial aumenta, redúcense os efectos locais das precipitacións e dos eventos climáticos especialmente intensos ou anómalos, polo que resulta máis doado predicir o seu comportamento.